martes, noviembre 15, 2005

Ben, xa comentara que La Bottine Souriante me parecera orixinal e me gustara :)
Escoitei tamén a Alan Stivell (Back to Breizh) e bueno, non resultou ser moito do meu estilo. As cancións parecenseme demasiado, e el ten unha voz con poucos matices. Non estaría mal, pero a música que o acompaña é moi chá. Mete sintetizadores, creo, pero iso xa é algo persoal, cústame escoitar cousas así.
De tódolos xeitos deixase escoitar ben. Xa coñecia algo del (a colaboración con Carlos Núñez en A noite pecha non estaba mal) dalgunhas versións, e ainda que a voz é rara gustarame. Pero a súa musica non me enche, son rariña :)
Máis cousas. Laïs, estupendas. Coma Hedningarna pero sen instrumentos tuneados, jaja. Teñen unhas voces moi moi curiosas e bonitas.
Os outros, Les Titres Essentiels e Los de Nadau, pasame un pouco coma con Stivell, non acabo de collerles o ritmo. Se cadra teño a orella acostumada a certo tipo de musica máis melódica, adicareilles más escoitas.

4 valentes:

O 16/11/05 11:28 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Paréceme que Alan Stivell non é para escoitar unha sóa vez, a súa música é extraña, diferente, non entra tan fácil, pero co tempo atopaselle o encanto. Non é dos meus favoritos, pero gosto da súa música, e é flipante que discos de principios dos setenta sexan tan innovadores, deberían aprender algunhos músicos galegos diso, eses que non arriscan o máis mínimo e se conforman con coller boas cancións e adornalas un pouco.

 
O 16/11/05 12:55 p. m., Blogger Arduina dixo...

Si, pareceume unha musica rara, de varias escoitas, pero quedame pendente oilo mais.
Custame un pouco diferenciar innovacion de excentricidade, pasoume con Mercedes Peón tamén.
Xa contarei a ver que tal, o unico disco que teño del ata o de agora é Back to Breizh.

 
O 20/11/05 5:18 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

alan stivell e deus
se vos podedes descargar o concerto no Olympia de paris a de ser do ano 72 ou así veredes coma todo o que fan os grandes de agora xa estaba inventado... e mais ainda ... superado....
si en galicia un músico/a tivera valor para facer o que el fixo outro galo nos cantaria no panorama musical.
xa volvin!!!!!

 
O 20/11/05 6:02 p. m., Blogger Arduina dixo...

Re-benvido cesteiro!
Mercedes Peón foi bastante valente nese aspecto, non?

 

Publicar un comentario

<< Home