sábado, noviembre 12, 2005

Enviei duas cancions do disco de Gwendal á conta de Gmail, por se alguen ten curiosidade.
Usuario: arduinamusica
Contrasinal: gustamedoraemon

Unha é La niña del norte, que é bonita e non me di nada, ese xeito de cantar non me vai moito, ainda que recoñezo que a cancion non esta mal. A outra é a que da titulo ó disco, War-raog. Tampouco me di nada. A ver se hai alguen que opine por aqui :)

Edito: Ó final subín Gave hot, unha das que me gustan. A melodia principal é igual que a de Pan ha diskan. Só lle mete unha guitarra electrica polo medio.

2 valentes:

O 19/11/05 11:46 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Ola Arduina! Son Gemma, a rapaza catalá co mozo da Coruña, só quería diciche que hai moito tempo baixei a canción de Mishao. Daquela non me gustou moito, pero hoxe volvín escoitala e encantoume. Fun correndo a baixar máis cancións, e o resultado non podía ser mellor: a de Mafalda Veiga paréceme preciosa, La niña del norte éche moi bonita, e estou a escoitar "Gave hot" (se cadra é a que menos me gusta de todas). Moitas grazas por compartir estas cancións, non as tería escoitado nunca se non fose por ti (nin me soan os cantantes).

Despois duns meses sen poder lerte, coido que vou pasar polo teu blog máis decote! Biquiños

 
O 20/11/05 6:09 p. m., Blogger Arduina dixo...

Hola!
Canto tempo!
Aledome moito de que che gustasen! Hei subir mais cada pouco tempo.
La jument de Mishao é unha cancion rara, desas que a cada escoita soa diferente. Pero está traballada e iso coido que se nota.
Gave Hot é do novo disco de Gwendal. A min gustame, pero tampouco é algo que chame a atencion, creo que poderian dar moito mais deles.
Heiche subir Pan Ha Diskan, anterior a Gave Hot. Comparten a melodía principal. Pero Gwendal supoño que pode ser un grupo algo dificil, teñen un estilo bastante marcado (ou tiñan :D ). Igual pasache con eles o que a min con Alan Stivell.
Hai un servizo de yahoo, o launch.yahoo.com (o .es non é). Rexistraste gratis e sae unha especie de reproductor en liña. Vas puntuando cancions e estilos, e o reproductor, por exemplo, se ti dis que o folk gustache 4 de 5 estrelas, busca a alguén que o puntue igual ca ti e comparte as cancions escollidas desa persoa. Supon que os gustos teñen que ser similares.
Se non che gusta o que escoitas, o podes puntuar baixo e soa menos.
Eu o emprego no traballo, e descubrin a persoas que me gustaron que non coñecia, Flogging Molly, Ashley MacIsaac...

 

Publicar un comentario

<< Home