miércoles, noviembre 09, 2005

Hoxe operaronme para quitar o parafuso do meu nocello.
O medico dixera que eran dez minutos e listo, con anestesia local. Rematou sendo hora e media.
E menuda hora e media.
Resulta que a anestesia non era dabondo e o primeiro corte noteino, aj. Puxeronme mais, remataron de cortar e tentaron quitar o puto do parafuso. Estaba demasiado duro, o medico precisaba dunha chave allen, e só tiñan un xogo que casualmente a estaba a empregar outro ciruxan con outro pacente (!!!!!!!). Asi que ali quedei, co nocello aberto e o parafuso a medio sacar.
E a anestesia só me durmía a carne e o músculo, para durmir o óso era necesaria a epidural.
Decidiron empregar uns alicates. Si, si, alicates! E joder como doeu. Tiveron que suxeitarme a perna, e o ciruxan vendo que con todas as coñas (as tentativas de sacalo cun destornillador, logo cunha chave allen que non valia, logo con outro destornillador... ) morria da dor propuxome ingresarme e poñerme a epidural. Eu lle pedin que rematase xa, e o tio colleu velocidade e eu pensei que morría alí mesmo. O fillodeputa do parafuso estaba amarrado ó óso, que era xustamente o que non tiña durmido. Ó final algunhas limaduras caeron dentro do óso, co que tiveron que botarme auga e remexer no buratiño con mais dor ainda.
En fin, xa estou na casa, jodida e algo cabreada co tema das chaves allen (mira que faltarlles instrumental... é para flipar, coño). Non fun traballar e menos mal.
O dia 18 sacanme os puntos. E despois oxalá me poida esquencer da merda de nocello co que nacín.

2 valentes:

O 10/11/05 8:30 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Espero que a convalecencia ande ben.Eu inicio hoxe a viaxe de regreso dende Francia.Nada,so 1500 km de na. A ver si nos vemos nalgunha noite desas de festa e musica.

Volto amodinho...

 
O 10/11/05 9:40 a. m., Blogger Arduina dixo...

Boa viaxe!
Xa o creo que nos veremos, jaja. Prometido, en canto dedes un concerto que non me quede moi lonxe (por mor do traballo) alí estarei :)

 

Publicar un comentario

<< Home