La escalera de Jacob levaba na muliña moito tempo, e hoxe rematou.
Devecía por vela, recomendaronma dicindo que era moi boa. Bendita mula!
É unha peli rarisima, contada coma só pode ser contada, chea de pequenos detalles curiosos, outros arrepiantes e outros opresivos.
Xustamente eses opresivos fan que veas a peli totalmente encollido, cunha sensacion de impotencia e nerviosismo permanentes.
É tremenda, perfecta. Tim Robbins está xenial, soberbio todo. Incluso a eleccion do titulo é especial.
Para min hai un pre-escalera de Jacob e un post-escalera de Jacob. Gustoume moitisimo!

Eu non entendo nadiña de cine, pero pareceume unha obra mestra.
0 valentes:
Publicar un comentario
<< Home