lunes, octubre 31, 2005

Aqui hai unhas mostras do novo disco de Gwendal.
Por exemplo, Gave Hot é Pan ha diskan con guitarra eléctrica.
Stone Eire soa a disco "Celtic dreams" ou algo semellante.
Logo hai outras cancións que parecen como versións de cancions vellas. Non teño a sensacion de escoitar algo novo. E non me din nada. Gwendal tocaba algo que soaba ben e de supeto metianlle un pitido (jaja) e divagaban. Era diferente, pero único.
Se cadra son moi intolerante, pero a musica gustame moito, e non sei. É coma se Serrat cantase as cancions de Rammstein, jeje. Soaría alleo, diferente e quizais non moi mal, pero non sería Serrat.
Non sei se mercalo e adicarlle unhas escoitas, pero despois da decepción de Lugo con instrumentos que non soaban, actitude de divos e cancions descoñecidas... Non sei, se sabes que un disco non saiu no sitio ó que vas tocar, non baseas todo o concerto (agás 2 cancións, Pan ha diskan e non me lembro xa da outra) nas cancions dese novo disco.
Segueme a custar moito aceptar que guitarras electricas soen neste tipo de musica, e iso que o instrumento me gusta, pero noutras composicions.
Vou levando ben o baixo, a bateria.. pero coa guitarra electrica non hay xeito.

En fin, que de todos os anacos que escoitei, o unico que me parece Gwendal é Joke, Gigue O'Low (que se asemella sospeitosamente a unha cancion das antigas) e Gave Hot por ser versión doutra cancion.

E é impagable a evolucion das portadas, menos mal que esta última é bonita, porque hai unha que parecen os Backstreet boys e xa me tiñan algo arrepiada :D