lunes, octubre 24, 2005

Estou lendo O portal dos elfos. Non pensei que fose tan divertido! Trata dun principe elfo que por un erro vai dar á terra, ó xardín dun vello que tolea coas abduccions e os ovnis, jaja.
O rapaz protagonista ten unha nai que de supeto descubre que é lesbiana, e unha irmá namorada dun cabalo. Non é que o autor escriba excepcionalmente, pero fai rir de verdade, ainda que non sexa un libro de humor.

O libro previo a este foi Memorias de Idhun: Tríada, de Laura Gallego. É a continuación de Memorias de Idhún: La Resistencia (é unha triloxia).
Gustoume moitisimo! O primeiro era mais parado, mais en plan introductorio. Éste foi xenial, emocionantisimo. Ten partes nas que contés a respiracion ou dan ganas de saltar e berrar de ledicia. Non sei, implicate moito.
Pois iso. Semellaba que ultimamente non tiña sorte cos libros, pero carallo agora!
E despois de O portal dos elfos (por certo, publicado en galego por Xerais, han traducir tamen as continuacions. Espero que cambien as portadas, son moi feas)tócalle á segunda parte de La Materia Oscura, ou sexa, El catalejo lacado.
Wiii! ^^

4 valentes:

O 25/10/05 7:30 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

O da Resistencia gustoume moito e o de Tríada aínda non o lin, mais non tardarei en facelo ;-D. Se non o leches, recoméndoche Eragon. Esta xenial! Acaba de saír a segunda parte, Eldest. A ver se o leo estes días...

 
O 26/10/05 12:39 a. m., Blogger Arduina dixo...

Liches la resistencia? ^^
Eragon xa tiven o pracer de catalo, tamen me gustou moito, ainda que nos foros de Laura Gallego alguns usuarios falan pestes del.
Agora agardando por eldest :)

 
O 26/10/05 5:04 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Pois o de Eldest saíu o 18, mais coa folga dos tranportistas aínda non chegou a algúns sitios... La Resistencia está moi ben, a ver se leo Tríada e Eldest pronto.
PS: Entrei na túa páxina e pinchei en Irish Jig e aparece un texto que pon: "asdaddsssdddsaadsadaadsad..." Que quere dicir?

 
O 26/10/05 6:48 p. m., Blogger Arduina dixo...

Jaja!
Quere dicir que estou en obras :). Ando metendo novas en plan recheo, para ver cómo quedan e todo iso. Onde ti entraches iría un comentario do disco coa foto da portada. Só teño a web activa cando traballo nela, se entras agora verás que está inactiva.
Non me enteirei do de Eldest, non lle deron bombo ningun non?

 

Publicar un comentario

<< Home