viernes, octubre 14, 2005

Sempre que chamo a Ladrofone e pido atencion en galego, faise o silencio. Logo din ¿O que? ¿Gashego?
Si, galego.
Moi ben, pasolle agora.
Sempre me tocan latinoamericanos. Chamame moito a atencion.
As rapazas que atenden en galego son moi agradables. Esquecendome de Hector, o pedazo de imbecil (Si, un imbécil) que me atendeu unha vez, en Ladrofone (chamado Ladrofone gracias a Hector, coa cantidade de xente que hai no paro e este traballando...) a atencion ó cliente pareceme moito mellor que a de Movistar ou Amena.

Non sei se contei a miña aventura con Hector. Teño a extension nunha folliña en casa. Tras discutir moito conmigo, dixo que o que me dicia estaba no contracto. Asi que volvin chamar co contracto na man, e o seu unico argumento era quitar os auriculares e poñelos de alí a un pedazo. "Digame señora" "Sí, llevo hablandote desde hace un poco, pero te has sacado los auriculares" "Digame, señora" "Para que, para que te saques los auriculares?". Era o robot do "digame, señora"
Veña ho, que eu tamen traballei nun centro asi.
Pois resulta que con Ladrofone teño que ter un consumo minimo mensual de 25€. Ninguen nunca me dixo que nese consumo minimo non viñan incluidas as chamadas ós 902, e eu non teño por que sabelo. E coa coña, roubaronme 7 euros, porque sen contar os 902 non chegaba ó minimo. Asi que a miña factura foi chamadas + 7 euros para chegar ó consumo minimo + chamadas ós 902.
E como no contracto pon que eu declaro coñecer as tarifas, veña imbecilidade. Pois claro que coñezo as tarifas, as que me deron! as que eu firmei, nas que non pon nada deses 902!
Sei que podo non ter razon, pero o xeito de tratarme do meu Hector non foi boa. Para nada. E se lle estaban a facer unha escoita, cargaa seguro.
O dia 28, que teño libre, voume dar un gusto indo a Consumo. Vou aproveitar. Ladrofone e Viajes Condor, cos que fun a Irlanda e cos que desapareceu unha excursion a Connemara que habia no catalogo. Por suposto, eles respostan que no catalogo non di en ningun momento que vaiamos a pe. Vaia resposta de coña. Menuda forma de traballar a que hai aqui.

5 valentes:

O 15/10/05 8:07 p. m., Blogger susej dixo...

Vaya!!!
y yo pensando que la excursión a Irlanda fue perfecta :(

Pues nada, haces bien en ir a consumo

 
O 17/10/05 8:11 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

¿A excursión era opcional ou estaba incluida no catálogo?
En lugar de ir a consumo, deberiamos denunciar máis.

 
O 17/10/05 5:22 p. m., Blogger Arduina dixo...

Estaba incluida. Vou poñe-la denuncia en consumo. Xa fixen dúas reclamacións en El Corte Ingles (onde merquei a viaxe). ¿Refireste a que denuncie na policia? :?

Susej, la excursion fue perfectisima, pero ya se sabe... y segun tengo entendido es de lo mas normal que en los tours pasen estas cosas.

 
O 18/10/05 9:36 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Si, referiame á policia, claro que eu nunca o fixen.

 
O 18/10/05 10:09 a. m., Blogger Arduina dixo...

Pero primeiro terei que miralo con consumo e logo eles que fagan. Igual non teño razon e hai algo que os protexe.
Non sabia que se podia denunciar.

 

Publicar un comentario

<< Home