sábado, octubre 08, 2005

Alguén escoita algo de folk frances?
Coñezo pouco e teño curiosidade. Só coñezo a Gwendal e a Dao Dezi, que nin sequera ei se se chaman asi ou é o nome do disco. E destes so escoitei con gusto unha cancion, o resto non me van.
Gustariame escoitar algo folk e con letra tradicional, non sei se hai algun grupo que toque isto. Algo tipo Luar na Lubre nos seus bos tempos, pero en frances.

5 valentes:

O 8/10/05 10:48 p. m., Blogger David dixo...

Ola! Vin nun post vello teu que poñías bastantes fotos con enlaces. Eu quero poñer unhas do eclipse, mais son moitas... Agradeceríache moito se me puideses dicir como o fixeches. Graciñas.

 
O 9/10/05 3:36 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pois non sei a cal te refires..
Hai un cunha ligazon a unha paxina chea de imaxes dun concerto de Guezos, é esa?
Senón tes a posibilidade de subilas a http://www.imageshack.us
Entras na páxina e subes a imaxe (non é dificil) dandolle a Host it! empregando primeiro Examinar.
Cando a teñas subida, xa a propia paxina che di o codigo que tes que escribir, busca Thumbnail for Websites e copia e pega o codigo no teu weblog. Isto fai que facendo click na imaxe pequena que se verá, saia unha nova fiestra coa imaxe en grande.
Se precisas mais axuda avisame, e se te refires ás fotos do concerto de Guezos tamén. Pódoche da-lo codigo que empreguei.

 
O 9/10/05 4:15 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Si, referíame a un post no que tiñas as imaxes de Guezos postas con enlaces. Xa descubrín como se fai para poñelas.
Graciñas
David

 
O 11/10/05 7:15 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Eu sei de un grupo que canta en frances(inda que son de Canada,de Quebec)que se chama La Bottine Souriante.Son increibles,e seguro que xa os conheces porque pasaron un par de veces por Ortigueira.
Sei de un grupo belga de rapazas que se chaman Laïs e que esta tamen moi ben.Cantan en frances e en flamenco.
Grupos franceses franceses a parte de Gwendal e Alan Stivell non se me ocorren. Se me encargas cedeses inda chos podo conseguir...Volvo dentro dun mes!

Bicos,

ROI

 
O 12/10/05 7:41 p. m., Blogger Arduina dixo...

Graciaas!
Xa teño unha boa lista feita:
Alan Stivell
Laïs
La Bottine Souriante
Les titres essentiels
Los de Nadau

Gracias tamen por ofrecerte a traerme os discos, pero con isto de internet non hai problema en conseguilos. Vou facer escoitas para ver cales merco.

Que teñas boa viaxe de volta. Ves para quedar xa, ou só de visita?

 

Publicar un comentario

<< Home