martes, octubre 04, 2005

Hoxe habia unha carta no traballo. Abrina e era un curriculum.
Ando cagada. Non sei se é un curriculum fortuito deses que se mandan a tódalas empresas ou se os meus xefes andan buscando a alguén.

5 valentes:

O 5/10/05 8:03 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

As empresas chegan milleiros de curriculums,inda que sexan pequenas. Non creo que haxa necesidade de andar pensando no peor...De todolos xeitos,anguriarse tampouco cambiaria nada,non?

 
O 5/10/05 9:59 p. m., Blogger Arduina dixo...

Si, uf. O meu xefe debeume ve-la cara, que case xurou ante min que non estaban buscando a ninguen :)

 
O 6/10/05 5:37 a. m., Blogger acedre dixo...

Xa sabia eu que tinha que ser unha casualidade.
De momento podes respirar tranquila.
Un saudo e gracias pola ligazon.

 
O 7/10/05 11:52 p. m., Blogger Modesto dixo...

Xúroche que meu non era. ;-)

 
O 9/10/05 3:45 p. m., Blogger Arduina dixo...

Ó final gardeino. O meu xefe dixo de tiralo pero dame magoa, ainda me lembro de cando era eu a que mandaba os curriculums.
O meu pai di que son parva.

 

Publicar un comentario

<< Home