martes, septiembre 27, 2005

Onte fun mercar unhas camisetas de Kukuxumusu que me facian gracia. Marchei con elas para a casa e ó chegar vin un libriño de lavado que viña en castelán, francés, alemán, euskera e catalan.

Hoxe leo no xornal que no día das linguas España tamen nos omite no informe á UE Ligazón

Xa está ben. Vale que hai cousas moito mais importantes que unha lingua, que hai que arranxa-la educacion e o emprego, pero a lingua forma parte da nosa identidade, e unha omisión é incluso humillante.

Así que vou escribir a Kukuxumusu. É unha parvada e entendo o castelán. Pero coido que os cataláns tamén o entenden, e os vascos, e eles poden gozar do DEREITO de ler unhas fodidas insctruccions de lavado no seu idioma.