viernes, septiembre 16, 2005

O último disco de La Frontera, Tu revolución, cando o merquei hai xa un ano e pico creo, non me gustou nadiña. Non era nada o estilo de La Frontera.
Agora cando teño traballo aburrido, collo discos que levo tempo sen escoitar e poñoos.
Agora estou con Tu Revolución, e pareceme un discazo! Sen dubida a primeira vez que o escoitei non me decatei do ben que tocan os novos guitarras, nin do boas que son as cancions.
Non é o seu estilo, pero saiulles un bo disco.
A ver o novo que tal está, chamarase "20 años y un dia". Van sacar tamen un DVD contando a sua carreira e coas cancions mais famosas.
Xa merquei un disco especial que sacaron hai uns meses cunhas versións novas e unha cancion inedita, "No soy de aqui".
A letra pareceume mala, pero recoñezo que non é a única. Sen embargo tamén teñen letras moi boas.
Que ganas de que saia o novo disco! ^_^