jueves, septiembre 08, 2005

Este venres toca La tierra de los muertos vivientes.
Gústannos moitísimo as pelis de zombis, e se aínda por enriba hai camións de lixo polo medio ten que ser unha peli estupenda, jaja.
Temos moitas ganas de ir (o meu amigo friki especialmente, que por algo é friki).

A miña nai onte rifou comigo. Ultimamente ten unhas cousas un pouco raras, non sei se será a idade. E eu como tamén son moi teimuda...
Ela preguntou se fisera a cama. Aborrezo face-la cama sobre tódalas cousas do mundo, pareceme unha parvada! porque logo á noite desfágoa antes de deitarme, non estou comoda se estan as sabas ai todas colocadas.
Pois eu dixen que si. E moi suspicazmente (por algo é a miña nai) dixo: -Pero fixechela ou estirache-las sabas?
- Estirei as sabas.
Non face-la cama é un vestixio da miña adolescencia rebelde! É cuestion de honor!
- Ai si? Pois xa a podes ir facendo.
- Non a penso facer. É unha parvada, ademais chega con estira-las sabas.
- Moi ben, pois eu xa non te levo ó traballo (a berros a pobre)

A ver, mamá, coa idade que tes, ¿como me podes entrar ó trapo asi?
Se ademais me coñece de sobras e sabe que ó final fago as cousas!
Pois alí tirada me deixou. E logo cando volvin ó mediodia estaba toda amable, pobriña. Ten uns cambios de humor un pouco raros.