domingo, septiembre 04, 2005

Sigo parviña coa Pantasma da Opera.
Agora estou baixando a banda sonora en ingles, porque en español pareceme (con perdón) unha merdiña. Seica os que dobraron ós actores e as cancións son os actores da obra aqui en España. Pero non me gustan. A rapaza que dobra a Christine nasaliza moitísimo, e a voz da pantasma non é nada especial. Cantan ben, pero non hai comparacion.
A que si me gustou foi a da rapaciña loira (unha rapaciña qué é como a irmá da prota). A que a dobra en castelán ten unha voz preciosa.
O caso é que baixei o tema central e estouno a escoitar unha e outra vez.

A pantasma é misterio, sexualidade, sensualidade e atraccion. A voz de Gerard Butler da iso e mais. Apoteósicamente sexual é un intre ó final, a cancion do point of no return (por favor, tedes que ve-la pelicula). E no tema central esa voz pregando e ordeando sing my angel of music, sing for me.
A posesión, a necesidade de cariño, a paixón... Impresionante. Como besbesellan, como se comunican... encantanme os musicais.
Ten un momento moi Moulin Rouge cando dous persoas están en plan "bicame" "non quero". Cantan por separado, descobren que se queren e cantan xuntos. E todo no alto dun edificio, igual que en Moulin Rouge.
Pero non sei, sei que a peli podería ser mellor e que é un musical gravado prácticamente. Sei que algunhas cousas está esaxeradas. Pero que pelicula!

2 valentes:

O 6/9/05 8:51 p. m., Blogger David dixo...

A de Les Choristes (Los Chicos del Coro) está moi ben. Non é un musical, mais aínda así ten bastante música. Aconsélloa, é moi boa e a banda sonora é impresionante.
Un saúdo
David

 
O 6/9/05 10:52 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Si, xa a vin. E se teño que ser sincera, non me entusiasmou demasiado. Pareceume que cantaban a mesma canción unha e outra vez pero versionada. Tamen me pareceu previsible e un pouco cursi (ten gracia que diga que é cursi cando poño polas nubes á da pantasma, jaja).
Non sei, pareceume unha peli bastante sinxela.

 

Publicar un comentario

<< Home