jueves, septiembre 01, 2005

O meu tio está malo.
En realidade é tio do meu pai, pero eu chamolle tio igual.
Veu á Coruña para facer unhas probas no Oncolóxico, pola noite marcha. Seica ten mal un ril e ainda non saben nada de certo.
A miña tía (a súa muller, e irmá da miña avoa) dixolle á miña nai que non había nada que facer. É raro que estea mal, porque nunca tivo problemas.
Igualiño que lle pasou á miña avoa. De supeto un dia aparece un cancro e a tomar polo cú.
O peor é estar aqui no traballo sen poder ir canda el. Quéroo moito, axudoume cando morreu a miña avoa e sempre estivo ó carón de meu pai cando el o precisou. É unha boa persoa.
Por agora vai tirando, eu coido que non ten moita dor. Oxalá que non haxa metástase e como moito lle teñan que saca-lo ril.
Na miña familia sempre é igual, están todos como touros pero de supeto un dia teñen algo gordo e morren! Non o entendo, non hai ningún punto medio!
Non deberia contar estas cousas pero é que ainda non vin a ninguén e traballo soa, e nin sequera saindo de aqui se arranxa nada porque non me deixan pasar a velo.