lunes, septiembre 19, 2005

O venres cumplo 22 anos.
Son moitos anos!
Hai tempo calculaba que con 22 xa estaría independizada, era a miña data límite. E estou independizada do carallo...
Vou vella. Sei que para moita xente 22 non son nada, pero para min é moitisimo. Joder, en 8 anos xa tería que estar con fillos! Xa terei 30!
30 anos!
O unico bo que teñen os aniversarios son as tartas :)

10 valentes:

O 20/9/05 12:13 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

a miña data límite son os 25... pero ó ritmo q vai a vida, non che sei eu :S

 
O 20/9/05 3:22 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Pois parabéns!!! É que estea boa a tarta ;-D!

 
O 20/9/05 9:25 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pareceme que tamen vou coller os 25 coma limite. E logo os 27, estouno vendo, jaja.
Graciñas David. O malo é que o mesmo dia teño dentista, pero penso comela igual

 
O 22/9/05 3:51 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Pois xa somos dous os que temos dentista este venres xD! Seguramente poñeranme o corrector, non sei...

 
O 22/9/05 4:56 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pois animo. Eu leveino dous anos e doía moito, pero paga a pena.
Ademais agora hai resina e gomiñas de cores. Ata cho poden poñer por dentro se non precisas moita cousa.

 
O 22/9/05 11:11 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Si, tamé mo poden poñer para que só o use polo noite, mais non sei como será...

 
O 23/9/05 6:06 p. m., Blogger Arduina dixo...

Como foi a cousa?
A min pincharonme 4 veces, non se me daba durmido a moa.
Teño a parte esquerda da cara durmida, jaja, riome só á metade.

 
O 23/9/05 9:10 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Polo de agora non o sei. Fun ao ambulatorio do Ventorillo para que me fixesen a revisión e pedín cita para que me fagan unhas radiografías. A semana que ven vou ter que ir ao Ventorrillo para que me fagan unha radiografía, ao modelo para que me fagan outra e ao meu dentista para que vexa os resultados. 3 veces nos dentistas! Posiblemente o venres que ven xa saiba os resultados. A ver...

 
O 23/9/05 9:56 p. m., Blogger acedre dixo...

Parabens con retraso.
Non e malo cumprir anos...tendo a opcion que queda.
Saudos.

 
O 23/9/05 11:58 p. m., Blogger Arduina dixo...

Moita sorte David (da boa eh? ;) )
acedre, benvido ó meu blog! Graciñas polos parabens, ainda chegas a tempo :)
Estivenlle botando unha ollada ó teu blog, moi entretido. Hai un galego en cada sitio do mundo, éche boa verdade :)

 

Publicar un comentario

<< Home