sábado, septiembre 17, 2005

As cousas pequenas fanme feliz. É unha mágoa que o esquenza tan rapido.

Hai uns dias dixenlle ó meu mozo se me deixaba un cd virxe para gravar unhas cousas. Dixo que si, fomos ata a súa casa e eu agardei no portal. Ó cabo dun anaco, baixou cun sobreciño no que viñan 3 cd's. Eu só lle pedira un.

Hoxe vou ir andando ata un pouco lonxe, e queria levar música nova. Non tiña cd's, e lembrei os 3 que o meu mociño me dera. E puiden gravar a miña musica.

Gracias, Javier ^_^

Canto o boto en falta, está en Verín e non volta ata o luns. E marchou o domingo pasado!