miércoles, septiembre 28, 2005

O meu mociño di que non é bó estar só.
Eu penso que si, ainda que non sei se realmente o penso.
Quizais eu mesma procure a mala sorte. Quen sabe.
Ou se cadra terei que comezar a gabarme das cousas boas e das cousas malas que fago.
Ou se cadra debo calar a boca xa para sempre, e deixar de sentirme mal incluso por espantar unha mosca.
Hoxe é un día tan raro que incluso penso na posibilidade de meterme a monxa. Danme ganas de crer en deus para poder crer en algo, porque por primeira vez en toda a miña vida non creo nin en min mesma.