martes, octubre 11, 2005

Hoxe á hora de comer pasou algo ben gracioso. O meu pai escandalizase á minima, cre que pija é unha palabra terrible, e se digo "tio" pon os ollos como pratos e di que non me mandou a un colexio de monxas para que falase asi. A miña nai e mais eu escarallamonos con estas cousas. Cando conto un chiste cun taco, primero ri, e logo ponse serio (lembra que é o meu pai, supoño, jaja) e me di que non diga esas cousas.
O mais divertido é chegar e dicirlle á cara "potorro". Cunha palabra tan parva cheganlle os berros ata o sol.
Pois hoxe trabuqueime e non podia coa risa. En lugar de dicir "monte un follon" dixen algo tipo "folle un monton" (xuroo, non sei como dixen algo asi). Non me din conta e seguin falando. Ata que lle vin as veas ó meu pai e me din de conta.
Nunca na vida verei unha cara tan seria e chea de tension. Creo que en canto o pense un pouco vaille dar un infarto ó pobre. ¡A súa unica filla, educada nun cole de monxas, tela que oir dicir iso!
Potorro ó lado disto non é nada. Habia tempo que non escachaba tanto coa risa, pobre home.
O meu pai tería que ir ó programa do Quintero a poñer caras. Nin risitas nin nada.