domingo, octubre 23, 2005

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espiritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, fouciño do satiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nós desta queimada.

2 valentes:

O 24/10/05 12:49 a. m., Blogger acedre dixo...

Pois eu que estou lonxe, quero participar desa queimada.

 
O 24/10/05 11:17 p. m., Blogger Arduina dixo...

Ai, que ben sentaba agora unha festa da queimada.
Convidado quedas. A ver se atopamos os meus amigos e mais eu no Samain algun sitio onde a fagan, estaria ben.

 

Publicar un comentario

<< Home