martes, octubre 25, 2005

Modesto escribe aqui sobre o Joomla.
Ó final elixino. Instaleino no que vai ser o futuro recuncho e por agora vai estupendísimamente. Probara o Nuke e o postnuke, pero non se axustaban ó que eu quería e víaos moi complicados. Para personalizalo gastaba o mesmo tempo case que en facelo eu, e tempo era o que non tiña.
Joomla pareceme moi intuitivo e doado, está en galego e é moi manexable.
Xa sabedes, se tedes algun artigo por aí ou unha reportaxe, ou fotos, ou gravacions do voso can ladrando... o que sexa, podedelo enviar a arduina@orecuncho.com
Eu vou comezar con opinions de musica e libros (que previsible), se cadra tamen de pelis (ainda que me gustan, non entendo moito de cine).
Teño pensada tamén unha seccion de contos deses que contaban os avós, sen carapuchiñas nin nada diso. A ver se enredo ó mei avó para gravalo mentres conta un, sería estupendo.