miércoles, noviembre 02, 2005

Canto choveu hoxe!
Encantame que chova, ponme leda. O malo é que agora teño que ir no bus para casa e está mais cheo de xente ainda.

O día 9 quitanme o parafuso do nocello dereito. É moi grimoso, porque o corpo estamo a expulsar e fai coma un bultiño que se pode tocar. Aaaaaj!
O medico dixo que me ia doer. Só é anestesia local, seica ten que xiralo e o vou notar. E estas marabillosas frases pechan cun "ó mellor hai que vendarche o pe se sangra moito" Vaime dar un punto nada mais, di que me pon unha tirita e xa podo ir andando.
A ver se é verdade. Teño moitas ganas de rematar xa coa merda do pe.
Aaah, e resulta que os ligamentos soldaron un pouco mal e fan unha especie de pico, que é o que me da a dor ó andar. E aí "xa vou ter que limar mais". ¿Hai algo mais terrible que estar esperta e escoitar os ruidiños da operacion? Bueno, o meu tío pediu un espello para ver a sua propia operacion de hernia. Non me parezo a el.
Menos mal que me dixo que fose en aiunas.