jueves, noviembre 10, 2005

No meu traballo vou maquetar un libro :)
Ainda que non son deseñadora din unhas clases de maquetacion e deseño. Por unha parte dame moitisima vergonza porque é intrusismo puro e duro. Pero claro, digolles que non ós meus xefes? non podo. Así que aquí estou, maquetando e deseñando. Falando de pantonarios e de kerning.
Nunca na vida o pensara, a verdade. Debuxo fatal, pero co Illustrator non se nota.
Dabanme moita rabia os graduados en ccc que se metian a programar, e agora estou facendo o mesmo (pero sen ccc). Mais tendo en conta que son a única traballadora da empresa teñoo que facer eu.
E ando algo animada porque cada dia poño as metas mais altas e vounas cumplindo. Vexo que a empresa vai crecendo pouquiño a pouco pero constantemente, e que os traballos que fago para terceiros son ben acollidos. O apoio dos meus xefes é importante tamén.
Un deles chamoume onte para preguntar pola operacion, e outro mandoume un e-mail hoxe polo mesmo.
Tiven unha sorte do carallo, a única pega é que a empresa estea na Coruña.
O meu primeiro libro! Non o vou crer cando o vexa publicado!
Estaba preocupadisima porque xa esquencera a programacion. É dicir, non estaba especializada xa en nada. Pero agora teño unha alternativa que me gusta, e ainda que me quede sen traballo (Alan Moore non o queira) poderia facer cousas pola miña conta.