lunes, agosto 30, 2004

As persoas nos centros comerciais volvense parvas. Deixan o carro no medio, dalles igual verte ali parado agardando, é igual. E nos pasillos, claro. É o mais normal, deixa-lo carro ali estampado.
Grrrr...

Estou vendo Hellraiser (gracias! ;) ) Teño un amigo que ten moreas deste tipo de pelis, por primeira vez deixareillas eu a el, jaja. Hellraiser non a ten, que curioso.

Comecei hoxe co curso ese no que me pagan e estoy ledisima. É a un nivel totalmente distinto de Atento, falamos moitisimo de programacion e de informatica en xeral, paseino de medo. É para dar soporte ó SP2 (boa nos ven enriba!). A empresa ten moi boa pinta, coincidin con xente de Atento, e deronnos libretas de tapa dura! (seica é o normal, pero a min en Atento non me deron nunca material agás unha minilibretiña hai uns meses) Hai cafe gratis, atenderemos chamadas tamén en Portugues, teremos aplicacions a nivel internacional (a empresa é unha multinacional e empregamos todos a mesma aplicacion, asi que compartiremos informacion).
Ogallá non me toque o horario de tarde...