Tralariroraaaa Arduina que leda estaaaa!
Atopei en DiscoWeb uns discos dos Young Dubliners que queriaa! ^_^ E como fago enquisas en non sei onde xa (jaja) tiña un desconto de 3€, é dicir, gastos de envio gratis.
Hoxe fun á Feria das Nacions, nos xardins de Mendez Nuñez. Este ano pareceume todo unha trapallada, merqueille ó meu mozo outra trapallada, jaja. É un tren por pezas, ten a peza de diante, logo ten os vagons que son as letras do seu nome e por ultimo ten o cú do tren. Gustoume, que lle vou facer?
De camiño ó coche vin un velliño pintando cun bote pequeno de pintura negra a porta do seu garaxe. Tiña un graffiti, estabao a tapar, e parecia que lle gustaba pintar, estaba sorrindo. Gustame ver esas cousas, pero debo evitar fitar á xente, que queda moi mal e me miran raro.
0 valentes:
Publicar un comentario
<< Home