martes, agosto 31, 2004

Novo dia de curso. Aprendin moito, pero explicaronnos como ian ser os contratos. Os antigos traballadores da empresa teran un contrato de obra quizais por tres anos. Nos, iremos e viremos cun contrato de circunstancias segundo o numero de chamadas. Ademais van mirar con lupa os nosos coñecementos no curso, daseme fatal demostrar o que sei ou non facer.
Gustariame traballar 3 meses seguidos só para saber o que se sinte cando sabes que vas cobrar. Gustariame pagar o CCNA pero non podo porque non teño un traballo decente.
A parte boa é que para a proxima vez como xa serei antiga traballadora ó mellor fanme de obra a min.
Mañá levarei o coche. Espero non espetarme!