martes, diciembre 28, 2004

Vou escribi-la letra da invencion do canto, pareceme orixinal.

Un home estaba sentado na sombra dunha enciñeira
cando escoitou na ramaxe unha ave cantadeira
lanzada en cantarola sen mensaxe, sen destiño
ou igual cantaba ó sol que subía de contino.
O home era cazador cansado do seu cazar,
escoitou a cantarola e deu en querer soñar.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Desde aquela na enciñeira sentouse o cazador
a escoita-la muiñeira e a soñarse cantador.
E asi o cazador foi usando a súa clave
e abrindo a súa alma cazou a alma da ave.
Levouna para a caverna, estudiouna ó pormenor
e de chío en rechouchío descubriu o Do Maior.

Subía a mañá dos tempos
e non había cancións.

Foi monxe no seu mosteiro, cantoulle ó Deus que o fundou.
Foi trobador e guerreiro, cantigas de amor cantou.
De Gregorio ata Sinatra volveuse voz apurada;
da caverna ata o casino fíxose unha ave dourada
que voa no ceo do Scala e no Royal Albert Hall,
sobre campos de algodón e urbes de Rock and Roll.

Baixa a tarde dos tempos
e aínda se inventan cancións.