viernes, enero 14, 2005

Chegoume Red, un CD dos Young Dubliners. Soan moi ben, habia cancions deles que non coñecia e gustanme. Pero teño versions en directo no ordenador, que directo teñen, que magoa que non fixeran un disco dos concertos!
Onte fun á empresa onde fixen as practicas hai un ano e pico. Foron os que me conseguiron este traballo, a empresa onde estou ahora é clienta deles. Foi moi raro pasar de becaria a clienta. Deronme a man, jaja. E oa meus antigos compañeiros sorrianme de reollo, en plan "es clienta pero lembramonos de ti" jajaja. Que morriña sentin, teñolle moito cariño a esa empresa. Estaba a tope de traballadores, só coñecia a uns poucos. Omeu sitio estaba ocupado, claro. Deume magoa non poder achegarme a falar con eles, pero non procedia. Total que estiven ali reunida, e ó sair veu o meu antigo xefe a saudar, deulle-la man os meus xefes de agora e a min dixome Que taaaaal! Dos besooos! riu e deume dous bicos ^_^
É que foi o primeiro sitio onde traballei, axudaronme moitisimo, ensinaronme ainda mais e por se fora pouco conseguironme traballo. Con iso son moi sentimental, fixeron moito por min e quixerallo agradecer, espero que lles vaia moi ben.