jueves, enero 06, 2005

¿Que tal eses reis?
Estou leda cos meus, non me trouxeron nada que poidera sospeitar! Un colgante de prata cun un labirinto dos que hai nos petroglifos (non atopo a imaxe para poñela, é un en concreto que é tamen o simbolo da astesania de Galicia). Tamen unha fada pequeniña cunha tartaruga ó caron, jaja. Está sentada cunha perna pendurando. Ponse no canto dun moble e parece que está sentada nel porque a perna penduralle por diante do borde, non sei se me explico. Tamen me regalaron unha figuriña dunha vaca ca boca aberta e cos ollos tamen moi abertos, jajajaja, é boisima! Seica a fixo un parente noso deses que non coñecemos, pero o apelido e a provincia son moi significativos.

Fun á casa da madriña, mercoume para o rato unha alfombriña semitransparente coa cabeza dunha vaca que di "I'm just a lonenly cow". Na parte de arriba ten un buratiño cunha cabeza de baca de plastico con ventosa. Na boca da vaca podense poñer cousas. Como o meu rato non precisa de alfompriña, puxena pola ventosa na parede :D Tamen me quere regalar unha gravadora de DVD dual ^_^
O meu pai (e eu!) está que non mexa co seu DVD de Supertramp. Tiñao en VHS pero estaba moi escarallado. Tamen lle regalei un libro, Historia de la humanidad. Á miña nai unhas xoias de Kukushumusu :D e á madriña o DVD de La edad de oro del Pop español, que traia nada menos que un video de La Frontera!!!! Vino moitas veces hoxe, arf arf. Ós meus curmanciños prestaronlles ben os libros en galego que lles din, gustariame que tivesen mais pero bueno. Pola miña parte van ser sempre en galego, nunca ven mal saber idiomas :D
Que bos son sempre os reis, creo que non quero medrar nunca!
¿E a vos?