domingo, enero 02, 2005

Xa estamos aqui!
Un novo ano comeza, é emocionante pensalo. Comezar de novo con proxectos, traballo, xente... Vai sair todo moi ben. O ano que se nos foi trouxo moitisimas desgracias dificilmente esquencibles para nos, este ano vai ser mellor. Todos mellores persoas, con mellores propositos, menos violencia e mais de todo o bo que poidamos!
Graciñas por deixar comentarios recen entrado o ano ^_^ O meu weblog case ten un ano tamén, un ano enchendo de porcallada estas paxinas jaja, ainda que algúns viñeron para quedar lendoas. Só agardo que sigades por aqui un aniño mais. Tamen coñecin xente boa, cos meus gustos (que dificil é iso!).
¿Que tal a festa do dia 31? As miñas amigas foron a unha festa masiva desas que eu non aturo, jaja. Tiven sorte e fun co meu amigo friki e maila moza a casa dela. Ata bailamos Grease! Imitamos ó Furby, probei o ron con limon (que noxo) e desfrutei dos meus ultimos 21 anos.
Merquei un disco dos Young Dubliners, Red. Grandes xenios estes homiños. Foi un bo ano para a musica agora que o penso. Merquei discos de Gwendal, coñexin Kila, Noitebregos, Guezos...