domingo, enero 09, 2005

Mañá vou firma-lo contrato. Pola tarde vou merca-lo ordenador e demais. Estou nerviosa, son moitos cambios. O meu mozo veu, outra mala epoca para nos. Nunca sae del virme ver cando marcha a Ourense (eu non podo polo traballo). Sempre excusas, excusas... non me cole o telefono porque esta cos seus amigos e non pode, non me manda mensaxes.. parvadas que van facendo montañas. Ó longo dos nosos dous anos xuntos a cousa non mellorou. Agora nen tan sequera se fixa en min, limitase a estar ahi. Pensou que eran novos uns pantalons que teñen xa 3 anos, recen cortado o pelo preguntoume cando o ia cortar. Pasotismo por todas partes, a Universidade, a sua familia que esta moi por enriba de min e cando esta comigo bota en falta ós seus amigos. E el non o entende, claro. Fun eu a que pasei o Nadal soa, a que pasa soa o veran, a que non pode ir a velo porque segundo a sua catolica familia "estamos no pecado".
Nada bo por este frente. Ventos de forza 7, maruxía e mar picada nas costas da Coruña.