lunes, enero 24, 2005

Rosa Cedron deixa Luar na Lubre para iniciar carreira musical en solitario!
Escarallome agora ou agardo?
Por deus, morro coa ledicia. Adeus, Rosiña, adeus. Di Bieito que xa teñen elixida á nova cantante e que a van presentar dentro dun tempo. Tiña esperanzas de que fose Ana Espinosa. Coa chegada de Rosa, Luar na Lubre comezou a caer, caer, caer... Iso é o que me parece. Daballe un toque mistico-comercialcelta noxento.
Cando escoitei a version da Frol da iauga cantada por ela dixen "ata aqui chegamos". E non merquei nen un so disco mais de Luar na Lubre.
A ver a quen meten como cantante agora.. medo me dan. Non todas cantan cousas coma "UA LUA UA LUA" (juajuajua, é que non a aturo, vaia "cancions" mais malas as do ultimo disco).
E iso que non digo todo o que penso! Seria demasiado irrespetuoso para a xente "fan" de Luar na Lubre e do "mundo celta".
Marketing puro, merda pura.