miércoles, junio 01, 2005

Agora son eu a que recolle o testigo que me encasquetou Dorfun (xa se podia lembrar de min cando lle tocara a loteria tamen, jaja). E respondo:
Testigo recibido de: Dorfun

Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:
Pois borrei o disco duro hai pouco, asi que teño pouquiño. Pero fixen unha copia de seguridade de 2 gigas.


Último disco me comprei:

Un de Chuck Berry, o sabado, na Fnac de Callao.

Canción que estou escoitando:
L'ultimo baccio, de Carmen Consoli. É linda...

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
- Irish Song, de Gwendal. Poñoa a todas horas e non canso. Simboliza a ledicia e as ganas de festa e de sair ahí fora pase o que pase.
- La Gallega, de Skyedance. A beleza feita música. Remexe dentro de min e faime crer que todo esta en paz.
- No particular place to go, de Chuck Berry. Cando non podo mais no traballo, escoitoa e é coma se tivese un foguete no corpo.
- Terradentro, de Guezos. Outra igual que Irish Song. Escoitoa sempre. Ó sair da casa, ó facer unha viaxe, ó ir no coche... dame enerxía
- El precio del placer, de La Frontera. Son o meu grupo preferido, e El precio del placer lembrame unha epoca confusa que xa pasei. Coa cancion veñen as mesmas sensacions que enton. Morriña.

5 persoas ás que lle paso o testigo:
Wel, Ike, Perifericos, Ictioscopio e Diego.

Non vou dicir que se fodan, pero sí que rabeen, :D.

4 valentes:

O 1/6/05 9:32 a. m., Blogger Arduina dixo...

Vaia excusaaaa. Parece mentira... :D
Aqui tocache pringar tamen, jaja.

 
O 1/6/05 8:37 p. m., Blogger ictioscopio dixo...

E a min por que? por extrañarme co do corte de pelo?

 
O 1/6/05 11:05 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pois por curiosidade, sinxelamente.
Non estas obrigado :)

 
O 2/6/05 11:43 p. m., Blogger Arduina dixo...

Que se lle vai facer.. o que é vago, é vago :P

 

Publicar un comentario

<< Home