domingo, junio 05, 2005

Ando algo arrefriada :(
Hoxe fun á aldea a ver ó meu avó e mailos nosos cans.
O Morse anda velliño. Non se deu de conta de que chegaramos. Achegueime a el, estaba a durmir. Besbesellei un pouco para avisalo e deu un chimpo grande, jaja. E cando me coñeceu xa moveu a cabeciña e a achegou a min. A pata de atrás, a esquerda, case non pode con el, pobriño.
A Roa é unha toleirana. Ten un ano. Antes botabase enriba do Morse ata que a foi ensinando. Agora sigue igual de tola, pero polo menos intentao agochar, jaja.
Ten moitos celos do Morse, como vai vello facemoslle moito caso. E a Roa vai coa súa pelota na boca para que lla tiremos lonxe e que nola traia de volta.
Échevos ben lista.
O Morse é pasota. Chámalo e nin te mira. Sempre fixo un pouco o que queria.
A Roa oe algunha palabra que conteña o seu nome e ergue as orellas. Logo ven correndo para saltar un pouco (sempre coa pelota na boca) ó teu redor.
É triste ver ó Morse, que non pode case correr. Ainda que hoxe non sei onde atopou o tripi, que corria detras da cadela e por conseguinte detras da pelota.
A Roa

Tamén falei moito co meu avó. En Agosto iremos os dous ás abellas, quero aprender todo o que poida. Faleille da nova web e da miña intencion de recopilar historias contadas polos vellos, e quedou encantado coa proposta. Anda o cura da aldea facendo o mesmo pero sen web, terei que ir falar con el.