domingo, julio 17, 2005

Hoxe vai calor. Como me erguin de bo humor e ganas de saír á rua, pensei en ir dar unha volta en bici. Pero non tiña bombin para as rodas, asi que quedou nunha idea.
Logo falei cuns amigos que son parella e non o estan a pasar moi ben. Queroos moito. Así que estiven tentando axudar como puiden.
Agora que non levo a L e o trafico anda menos mesto pensei que por qué non aproveitaba as fins de semana para viaxar a Ferrol, a Santiago, a Lugo... Gustame conducir e o que me mete medo é a autoestrada. Pero algun dia tera que ser. E os destiños pagan a pena.
Asi que igual a proxima fin de semana collo o coche e marcho.
Tamen pensei por que teño isto de forma anonima. Por que non poño unha foto e dou alguns datos. E pareceume unha trapallada.
Así que vou dar un pasiño. Chamome María, teño 21 anos e vivo na Coruña nun barrio aburrido chamado Los Rosales. Nacín o 23 de Setembro de 1983 en Gran Canaria, na cidade de Las Palmas porque o meu pai traballaba ali por aquel enton.
Xa perdin o misterio (se é que o habia), que cousas.
E escoitando a miña benquerida cancion Sara Sariña dos Cempés pensei no que podia levar a alguen a escribir algo semellante.

Hai quixera dormir contigo
hai na túa cama dourada
hai pasar contigo esta noite
hai ir a presidio mañana

Namoreime de tí un día
hai foiche para toda a vida
hai se volvera a nacere
hai de tí me namoraría

Hai crucei a mar de Ferrol
hai ferrolana por te ver
hai crucei a mar de Ferrol
hai a piques de me perder

Sara Sara Sariña
hai Sara ti ela miña
hai Sara Sara Saronhe
hai Sara do corazonhe.

Hai quixera alegrar a vida
hai mirando a túa cara
hai quixera calmar a sede
hai bebendo da túa iauga

Hai quero da-la despedida
hai como dan os cantadores
raparigos e raparigas
hai cuidade os vosos amores

Quizais sexan momentos de despedida para todos. Ou quizais non.

7 valentes:

O 18/7/05 12:46 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Pois vou dar eu outro pasiño e vou falar un pouco de min :D

Non sei se me recordas, son a rapaza que está a aprender galego, motivo polo cal comecei a ler o teu blog...

Chámome Gemma, tamén teño 21 anos, pero eu nacín no 1984. Son catalá, de Barcelona, e vivo preto da Sagrada Familia.

Sei que está mal que diga isto, pero téñoche unha envexa... :D O meu rapaz é da Coruña, coma ti, aínda que o seu barrio está un pouco afastado do teu. O ano pasado estiven unhas semanas na cidade, gustoume moitísimo, é unha mágoa que este verán non poida ir (virá el a Bcn).

E non sei que máis dicir. Por curiosidade mirei cando comecei a lerte: ¡levo xa mes e medio! Supoño que xa que ti expós parte das túas vivencias, eu necesitaba facer algo parecido. A verdade é que os "strip-teases" virtuais deixan unha sensación estraña no corpo... :D

Biquiños

 
O 18/7/05 1:45 a. m., Blogger Arduina dixo...

Vaia! Claro que me lembro de ti!
Escribes moi ben o galego, xa me sorprendin da outra vez.
Cando voltes se queres avisame e tomamos un licor cafe deses medio famosos :)
Coruña impresiona ós que veñen, a min non me gusta nadiña. Trococha pola tua! :D
Graciñas por seguir visitandome e escribindome, e por presentarte! ^_^

 
O 19/7/05 10:04 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Home home home. Pois postos a desvelar a identidade: eu chámome Apachito (é o nome orixinal, non un apodo, non sei que estaban a pensar meus pais cando me puxeron o nome)
Nacín en Morás-Xove-Lugo ó lado da fábrica de Aluminio. Vivo a cabalo (pero un cabalo con alas) entre Madrí e Coruña (Adormideras para ser exactos)
A miña edade...aínda me acordo de naranxito, porque era pequecho nesa época, así que por edade podería ser o teu pai (sempre fun mui precoz, xa na cuna do hospital gustábame que as enfermeiras me apretasen contra os seus peitos)

Tamén monto en bicicleta (unha de paseo, nada de superbikes con suspensións hidráulicas e 300 marchas) así que ó millor te cruzaches conmigo no paseo marítimo...

 
O 19/7/05 12:42 p. m., Blogger Arduina dixo...

Otia! Nunca adiviñaria que te chamas Apachito! Eche un nome simpatico ^_^
Eu sei dun que se chama Pasquinel.
Se vives en Adormideras estas lonxe de min, non creo que te vira tampouco polo paseo porque tento evitalo (non me gusta nadiña). Ainda que traballo á altura de Riazor, ó lado do Utopia. Se pasas un dia pr ali igual me ves :)
Oiches, se eras pequecho cando Naranjito mais ben poderias ser o meu irmao maior, que ata agora non vin pais tan xoves. Home, habelos hainos jaja, pero non sei eu...
A miña familia tamen é de Lugo, coñeces Rioxoan?

 
O 19/7/05 1:27 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Que vaaaa, non me chamo apachito, era coña.
Pero muller, si o paseo marítimo é o máis fermoso de Coruña ¿qué outra cousa o supera si non? ¿A cidade vella? ¿O millenium?(jo jo jo)
Pregunta: ¿Cál é o teu sitio preferido de Coruña?

O Utopía non me sona, ¿é un pub(paf) ou un bareto? Fai moito que non vou de bares nin de pubs.
En Adormideras hay un paseo moi recomendable por alí detráis, cerca da torre de Hércules (podes traer a bici e atropellar algún can)

¿Rioxan? ¿Eso que é?

 
O 20/7/05 8:29 a. m., Blogger Arduina dixo...

Rioxoan é un pobo que hai ó lado de Meira. A miña familia é dalí.
O Utopia é un restaurante hiperultramegafashion con pratos de mestizaxe. Estanche ben ricos.
¿Sabes Manitas? Ou a libreria Molist? Pois traballo por ali.
Adormideras é unha zona bonita. A min encantame a Pza de España e a cidade vella. Comecei a xogar ós euromillons para poder mercar unha casa que hai ó lado do convento e reformala, jaja.
Pero o paseo.. pfff... sera que non me vai moito o mar.

Como falaches da bici onte pensei en saca-la miña, pero non teño bombin. A ver se me fago con un.

 
O 20/7/05 9:46 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Jope, debo de levar moito tempo en Madrí, porque non me sona nin Meira, nin Manitas, nin Molist (o que si me sona e un restaurante hiperultramegafashion do que me falaron que debe ser o mesmo, porque quedaba por alí)
Suxerencia: pon algunha foto do restaurante por fora e do traballo (ge ge)
Eu tampouco teño bombín (que irresponsable) haberá que comprar un.

 

Publicar un comentario

<< Home