jueves, noviembre 24, 2005

Teño un trauma dende que son cativa que de cando en vez aparece e me fai sentir coma un farrapo. Nunca me atrevin a falar cun medico del, pero hai unha semana o conseguin.
Din cunha rapaza estupenda que gosta do seu traballo, sempre me atende con optimismo e bo humor. Faime sentir ben, coma se eu fose normal e todo o negativo que hai en min fose cousa da miña nenez, que por outra parte ten razon, pero custa admitilo.
Acabo de falar con ela agora, e sintome moi lixeira e de bo humor. Teño moitas ganas de superar esas cousas que me fan sentir mal para poder falar de cousas boas.
Vai montar unha asociacion de axuda e se cadra precisaría a miña axuda. Non sei se estarei preparada para da-la miña axuda nese tema porque ainda non o teño moi superado, pero penso intentalo. Porque a min tocoume na nenez e ando arrastrando cousas que non deberia. Se o atallamos cos nenos, poderian vivir xa de maiores unha vida do mais normal. Eu penso que paga a pena. Volvo ter ganas de loita.