lunes, enero 09, 2006

¿Como foron eses Reis?
Eu pedia a DS. Cando era cativa de todo tiven unha Gameboy que durou anos, e tiñalle ganas á DS.
Así que ás catro da mañá baixei a ver se habia caixas entre os paquetes, jaja. E si, habia unha!
Así que voltei para a cama toda nerviosa.
Xa de dia baixei e abrin a caixa toda emocionada. E dentro da caixa habia un pixama :D
Semella comodo, tamen teño unha chaqueta marron moi bonita e un xersei :)

O meu mozo voltaba hoxe de Verin, eu compraralle un xogo que andaba a buscar (o Viewtiful Joe) e o libro de Piedrahita adicado.

O sabado fun cear cunha amiga e chamou, preguntou onde estaba, e que facia, falamos un anaquiño. Sentamos, e cando remataba a hamburguesa puxo unha cara algo rara. Algo me colleu por detras, e era o meu mozo! Voltara sen avisar para darme unha sorpresa, e deuma de narices!
Botabao moitiiiisimo de menos. Dixo que traia o meu agasallo de reis na mochila, e puxo unha caixiña enriba da mesa. Quiteille o envoltorio e era a caixa da DS. Eu rin, dixen "A ver que ten isto dentro" porque pensei que era unha coña del, que dentro teria chocolate ou algo asi. E traia a DS!
Quedei sen fala, primeiro porque xa estaba impresionada porque o meu mozo voltase, e segundo porque era a DS! Pensei que lla mercara a un macarra, pero non. E non sei como fixo para aforrar o diñeiro, porque el é estudiante.
Traia mal un pixel, e por iso non a cambian pero houbo sorte e a rapaza do comercio trocounola por outra :D

Agora sintome algo culpable por rifar con el por parvadas :( Bendita paciencia a que ten comigo. Voulle argallar algo, ainda non sei o que, pero el non vai quedar sen sorpresa.

Ademais conseguin arranxar o ordenador, asi que as cousas van ben :) Sigo leda de pensar que ó sair do traballo vou ver de novo ó meu mozo.

Dame algo de vertixe ver que as cousas van ben. Ainda que sigo algo resentida de saude, o ano comezou estupendamente.

3 valentes:

O 9/1/06 8:45 p. m., Blogger dorfun dixo...

...á vista das últimas anotacións, estasnos a deixar a moitos con certa envexa [sana]... avos, pais, mozo, xefes... todos fantásticos... e ainda por riba tes unha ds... devezo por probar o dos cans eses... XD

 
O 9/1/06 10:41 p. m., Blogger Arduina dixo...

Pois se nos vemos un dia é toda tua (por unhas horas eh? :D )
O xogo dos cans ainda non o teño, merquei Another Code. O mes que ven mercarei outro a ver. Coido que será o de Kirby.

 
O 10/1/06 4:55 a. m., Blogger acedre dixo...

Aledome da boa entrada de ano.

 

Publicar un comentario

<< Home