lunes, enero 02, 2006

Hoxe baixei a tomar o meu cafe. O bar era para fumadores. Recorrín a rúa do meu traballo e tódolos bares eran para fumadores. Non só iso, o 90% dos bares da Coruña son para fumadores. E non podo tomar un cafe nos meus 15 min de descanso sen fume. Dase o caso de que un fumador pode non chuchar do seu pitillo nun recinto pechado, pero é que eu non podo non respirar!
E xa que o vicio está tan ben visto e outorga tantos dereitos, esixo poder tirarme peidos e eructos na cara dos que me boten o seu fume. Iso si é unha necesidade, e non seguir jodendo a vida dos que non fumamos coa crenza do dereito lexítimo a facelo.

7 valentes:

O 6/1/06 1:36 a. m., Blogger Vicente dixo...

O que comentas paréceme que está ocorrendo en tódolos lugares de Galiza. Case tódolos bares son para fumadores. Hoxe estiven tomando un café no único que coñezo para non fumadores do meu concello e o dono comentaba que antes tiña a cafetería a tope pola media mañá e agora só estabamos dous clientes.

 
O 7/1/06 1:23 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

A ver se para o ano prohíben fumar en todos os locais, como xa pasa en varios estados europeos.

 
O 7/1/06 9:11 a. m., Blogger Arduina dixo...

Si, eu penso que todo este problema e esta seudolei se arranxaría prohibindo fumar en tódolos lugares públicos. De tódolos xeitos, non entendo por que os bares sen fume teñen menos clientes, porque eu coñezo a varios non fumadores que morren por atopar un, e seguro que coma eles hai mais.

O camareiro do bar ó que vou toma-lo cafe dicia que el ía deixar fumar porque a el non lle molestaba que o fixeran ainda que non fose fumador. Pero non se trata diso, tratase de que é malo, fai dano. Non só é molestia. :)

 
O 8/1/06 12:16 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

é cuestión de reaxuste de mercado, de vagar collerán clientes.

 
O 9/1/06 10:42 p. m., Blogger Arduina dixo...

Eu penso que si, faiseme raro ver que hai tan poucos non fumadores. O que pasa é que os comerciantes moitos viven ó dia, e unha maña sen clientes notase.

 
O 27/1/06 11:45 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Hola! Me llamo Ana,saludos a todos.
Hoy, viernes 27 de Enero, mi cafetería: "La Cama" cumple su primer aniversario.
Fué el primer bar sin tabaco en España. Está en la calle División Azul 8, Coruña.
Estáis invitados a una copita de champán! Un abrazo

 
O 27/1/06 3:50 p. m., Blogger Arduina dixo...

Hola Ana!
Xa visitei La Cama cando abriu :) Precioso, por certo. Foi a miña primeira experiencia nun bar sen fume e quedei encantada.
Espero que cumplades moitos anos mais :)

 

Publicar un comentario

<< Home