lunes, diciembre 26, 2005

Non vou gabar outra vez ós meus xefes, creo que xa todo o mundo sabe que son estupendos, jaja.
Hoxe cheguei ó traballo e habia un paquetiño na mesa para min cunha nota dandome un bo nadal.
Abrino, e era un reproductor mp3 de 512 (pouquiño, pero dabondo) que tamen reproduce video, trae radio e quen sabe que mais.
Apampada estou. Primeiro, porque non tiñan por que facelo. Segundo, porque normalmente o que dan as empresas é unha cesta con viño e cousas. E terceiro porque sacaran tempo de onde non o teñen para ir mercarme isto.
Nova homenaxe. Levo toda a mañá co turbo posto, a nada que me relaxo sintome culpable, jaja.
Esta finde estiven na aldea co meu avo. Mercou unhas luces para a árbore, e para facela foi ó monte e arrincou uns ramallos.

3 valentes:

O 26/12/05 8:32 p. m., Blogger David dixo...

Vaia xefes que tes, un mp3 de regalo!!!
512 paréceche pouquiño??? O meu ten 128 MB, non ten radio, non reproduce vídeo nen fotos... ;-D

 
O 27/12/05 1:06 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Ter uns xefes coma ises,non hai nada que o pague.Failles ben o traballo que eles te queren ben!

Felices festas!!

¿Qué tal a música?

 
O 27/12/05 1:15 p. m., Blogger Arduina dixo...

David, pareciame pouco porque eu estaba aforrando para un de 20 gb, jaja, pero claro que me chegan 512mb! Ademais é pequeniño, levoo cheo de cancions. Estou encantada, pero estou superando que o video de mostra sexa de Britney Spears, jaja.

Roi, a musica xenial! Encantanme os discos de Yann Tiersen e de Goran Bregovic, cando remate con eles pasarei ós outros (jaja, é que o de Goran Bregovic tenme enganchada)
O dos meus xefes é un caso aparte, se non fosen tan bós habería xa tempo que eu non estaría en Galicia (nin en España). É unha sensacion moi boa saber que se me poño enferma non me ban botar. Non é que o fagan en todas as empresas, pero se me puxera a contar...
Felices festas a ti tamen :) E feliz ano!

 

Publicar un comentario

<< Home