miércoles, diciembre 14, 2005

Hai un par de días achegueime ata o meu violín e abrin a funda.
Ten unha funda marrón algo fea, a asa para levalo ás costas rompeu.
Pero o violín é escuro, ben bonito.
Por pura morriña collín o arco, tenseino, e descubrin que ainda o agarraba ben, que seguia tendo forza no maimiño.
Por pasar o rato afinei o violín. Novo descubrimento: o arco pasaba recto, o brazo do arco subía e baixaba ben, a os dedos case caían no punto xusto das notas.
E de súpeto pasou pola miña cabeza unha cancion, creo que de Bach, que tocaba moito cando estudiaba. ¿Por que non intentalo?
As notas foron saíndo da miña cabeza tras moitos anos, era curioso como as lembraba unha a unha.
Claro que soaba desafinado, pero polo menos distinguíase un pouco o que tentaba tocar. Así que toquei unha vez, e outra, e outra, para que saíse mellor. Realmente para levar tantos anos sen poñerlle as mans enriba, sorprendeume lembrar tantas cousas.
A miña nai interrompeume preguntando que era ese ruido :D

Se en tantos anos non esquencin o violin de todo, ¿por que non continuar con el?
Non sei se lle pasa a todo o mundo que toca. Encantame a música, e poder interpretala da unha sensacion polo corpo tremenda. Como de euforia unha vez que rematas, ou de tristura se a cancion é triste. Tocar sentoume ben, relaxoume. Non todo está perdido.
Quizais sexa o que preciso.
Violín, aí vou! Que trema Alasdair Fraser, jajajajaja!

3 valentes:

O 15/12/05 10:29 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

O comentario é sobre o artigo do porto exterior de Coruña, non o vin hasta hoxe, así que sin non che importa comentoi brevemente:
Sobre "Para que iso fose posible tendríamos que converter Galicia no motor industrial de Europa, e non hai perspectivas de que iso sexa así, nin a medio nin a longo prazo" é certo que non somos un "motor industrial", pero eso non debería servir para alimentar un sentimento de inferioridade, si non máis ben, servir de acicate para aumentar o noso desenrolo, ¿cál e a alternativa? ¿cruzarse de brazos e lamentarse? ¿despreciar calqueira ambición? ¿decir que somos a periferia de Europa e esperar a que outros sexan o motor?
"¿A que empresa Europea ou Americana se lle pode ocorrer utilizar o porto de Arteixo como centro loxístico[...]" Non é difícil ver unha empresa de nacemento e desenrolo galego (de vez en cando hai que mirar de preto, e non tan lonxe), que non para de medrar, é punteira internacionalmente e que ten un "centro loxístico" nin en Hamburgo nin en Róterdam, si non precisamente en Arteixo, chámase Inditex, e aínda que as "infraestructuras de transporte terrestre non son adecuadas" exporta dende alí a toda sudamérica, portugal, e parte de Europa.
"non pretendo dicir que Francisco Vázquez sexa un imbécil": Para dicir isto, o artigo non debería empezar insinuando pouco menos que o que non pense coma a que o escribe é un imbécil.

Tampouco penso que é adecuado parafrasear a Anxo Quintana e logo criticar o "localismo exacerbado", non hai maior localismo exacerbado que a dos grupos políticos nacionalistas (por exemplo anexións de concellos doutras autonomías), facelo no é máis que unha contradicción, ou peor, unha hipocresía. Por outra parte, pareceme reseñable que ningún dos tres grupos políticos criticase (en Coruña) a decisión de acometer este proxecto, polo menos que eu saiba.
Non entro a valorar a viabilidade ou as probabilidades de éxito no futuro do porto exterior, porque simplemente ó non disponer de datos, son incapaz de formar unha opinión, pero dende logo a autora non me convence ca sua argumentación, máis que nada porque lle sobra sentimento de inferioridade e faltanlle iso, datos.

 
O 15/12/05 12:28 p. m., Blogger Arduina dixo...

No primeiro que dis estou totalmente dacordo, hai que tirar para adiante e medrar.
"¿A que empresa Europea ou Americana se lle pode ocorrer utilizar o porto de Arteixo como centro loxístico[...]"
Aqui en parte coincido con ela. Ainda que cada dia son mais, creo que os galegos non estamos ainda preparados para un proxecto asi. Principalmente pola lentitude coa que avanzan as cousas en Galicia. Estou segura de que van xurdir milleiros de problemas cando comece a funcionar. Que se un partido di isto, que se o outro apaña cartos para o peto... Pero mira, podenos vir ben, fainos falla espabilar un pouco, quizais o porto sirva para iso.

Penso que a que escribiu a carta esta bastante farta de Paquete. Eu non podo fiarme, síntoo. Sei que isto o fai por el, e non pola cidade, como todo o que fai hoxe en dia, ainda que alguns saiamos beneficiados.

E de Quintana non falo, porque non me gusta meterme neses temas nin teño informacion dabondo ainda, pero pensei que a sua politica ía ser doutro xeito.
Tello non criticou o porto exterior? Teño asi como unha medio lembranza, non estou segura.

Por certo, xa habia que non te pasabas por aqui! :)

 
O 15/12/05 1:06 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Bueno,por cambiar de tema e cinguirnos ó propio. Deberías intentar o do violín,e dígocho tamén como violinista frustrado. Claro que eu o deixei algo máis tarde,pero non cheguei a rematar.O mellor un día destes anímome e volvo ó conservatorio.¿Quen sabe? Todo pasaría por atopar traballo máis ou menos estable.

Xa sabes,se algunha vez queres continuar co instrumento e te podo axudar...



ROI

 

Publicar un comentario

<< Home