lunes, diciembre 12, 2005

Estou lendo Memoria de Agosto. Algúns poemas son unha marabilla.
O autor fala moito do mar e dos barcos, das praias e de mulleres :) Emprega unha linguaxe sinxela, sen adornos ou complexidades, e por iso quizais chega mais rápido e semella menos alleo que outros poetas.
Ainda non rematei de ler o libriño, porque en cada poema podo estar mil anos. Ainda que son sinxelos, tamén din moitas cousas que escapan nunha primeira lectura. E cando xa se comprenden todas, hai que lelo de novo porque sí, porque cho pide o corpo.
Gústame o seu estilo.


A brisa da tarde,
cun rumor xordo,
agarímanos a face.

Despedímonos.

Agárdanos a viaxe.

Outras serán as mans,
outro o vento que abane
dondamente os teus cabelos
e te anaine.

Eu ficarei coa néboa.

Onde ninguén me escoite.