martes, noviembre 29, 2005

Xa está Primeiro beijo na conta de Gmail.
Ando detras do disco orixinal, pero non son quen de atopalo por aqui, e cavilando en fio, os 18€ de gastos de envío que me cobran en tendas de Portugal parecenme demasiados.
En ebay hai o dvd, pero non ten primeiro beijo. Ademais non me vale, precisaba o cd para que a miña mai o escoitase no coche.
Aiiii, que delito, as tendas cheas de reguetones e nin un Rui Veloso dispoñible...

2 valentes:

O 29/11/05 11:21 p. m., Anonymous Anónimo dixo...

Xa a escoitei, moitas grazas por poñela no Gmail. ¿Que terá o portugués que che soa tan ben? O ano vindeiro gustaríame facer na universidade unha asignatura sobre Pessoa, ten que ser marabilloso.

¿O dos 18 € de transporte é na fnac de Portugal? Estiven pensando onde poderías mercar o cd, hai unha librería galega on-line (Andel virtual), que tamén venden libros en portugués e cds galegos, e na web di que se non atopas o que buscas pódesllo pedir. Poderías intentar preguntarlles se poden conseguir o disco de Veloso, sendo de Galiza case que non pagarás gastos de envío.

Por certo, coido que non che dixen que o meu mozo aprobou as oposicións e xa escolleu destino, vai vir vivir a Mataró dous anos! (Está a 30 kms de Barna, máis ou menos.) Porén, xa me dixo que despois dos dous anos el volve para Galiza, e eu con el (obrígame XD).

 
O 30/11/05 9:41 a. m., Blogger Arduina dixo...

Non sei, non é cousa do portugués. Pero é un idioma que me gusta moito, é moi doce.
Estudiar a Pessoa, que luxo. Eu estou redescubrindo a poesia, deixei de lela hai un tempo e agora volvo a estar enganchada.
A web da fnac de portugal vai coma o carallo. Á hora de face-lo pedido sae un erro. Envieilles un e-mail e ainda non respostaron. Pero sí, teñen o disco. Eu falaba de algunha tenda que atopei, teñoa marcada na casa (agora estou no traballo). E o disco vale xa vintetantos euros nesas tendas!

Noraboa polo do teu mozo :) Ó millor ata quedades por aí, quen sabe.. jaja.
Ai, ai, oxalá o meu mozo me obrigase a ir con el a Irlanda, que felicidade...

 

Publicar un comentario

<< Home