viernes, noviembre 25, 2005

Non houbo sorte :(
Sacado de vieiros.com:

A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco
[25/11/2005 14:50] O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa. Quen si obtivo o visto bo do xurado foi a candidatura brasileira do Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano, promovida polo propio presidente Lula da Silva, e a catalá do Patum de Berga. A Unesco elixiu 43 candidaturas como Obras Mestras da Humanidade deste ano. Os promotores da candidatura galego-portuguesa non ocultan a súa decepción, pero aseguran que o traballo realizado para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués terá continuidade. De feito, a acta do xurado recolle unha serie de recomendacións para volver presentar a candidatura noutras edicións, facendo fincapé na necesidade de concretar as manifestacións do patrimonio inmaterial galego portugués máis susceptíbeis de seren protexidos e promocionados. A web oficial da candidatura abre agora cunha lenda: "A cultura galego portuguesa é, para nós, Obra Mestra!".

1 valentes:

O 26/11/05 4:28 a. m., Blogger acedre dixo...

Sera para a proxima...O importante e que siga adiante o Patrimonio, non fai falla reconhecemento.

 

Publicar un comentario

<< Home