lunes, diciembre 12, 2005

Levaba un tempo algo preocupada. Non estaba segura deste traballo. ¿Por qué non estudiei Literatura ou Filoloxía? Daseme mal programar, pero estudiei programacion. Non sei debuxar e estou facendo cursos de deseño.
E fun falar co meu pai.
- Papa, ti por que es mariño?
- Porque non poderia ser outra cousa. E se voltase a nacer sería mariño de novo.

E cavilando, coido que ten razon. Eu tampouco poderia ser outra cousa.

3 valentes:

O 12/12/05 10:05 p. m., Blogger dorfun dixo...

...un só vale para o que é ...ou só é para o que vale...

 
O 13/12/05 11:53 a. m., Anonymous Anónimo dixo...

Unha vez un home foille pedir consello ó sabio do pobo e díxolle:

-véñolle pedir a súa bendición para casar,pero estou meditando moito esta decisión.¿Vostede podería darme un consello?

E sen pessale case,o vello respondeulle:

-Tal como me falas,fillo,fai o que queiras porque de tódolos xeitos te vas a arrepentir...

O camiño que tomamos na vida pode estar cheo de malas decisións,pero é o noso. Non podemos pensar o que pasaría se tomaramos outras decisións,porque nos pasariamo-la vida arrepentíndonos. Ademais, sabes a cantidade de paro que hai en Filoloxía ou Literatura???


www.filosofiasdetaberna.puaj

 
O 13/12/05 12:47 p. m., Blogger Arduina dixo...

JAJA!
Pero sería unha parada filósofa, viviría en Santiago da caridade dos turistas e pagarían por escoitar os meus consellos.
Jajaja, de ilusions tamen se vive.
A que realmente era tremenda era Humanidades. Lía as asignaturas e queria bulir para Ferrol. E agora mira...

 

Publicar un comentario

<< Home