martes, diciembre 20, 2005

Esta fin de semana pasaron unha morea de cousas!

Albert
O sabado a noite estaba na parada do bus e achegouse a min un rapaz cun macuto, preguntando polo refuxio. Era brasileiro, e, entre portugues, ingles e castelan, expliqueille como ia o tema e onde se tiña que baixar. Coincidiu que iamos no mesmo bus, e estivome a contar que veu en avion tras moitisimo aforrar, en Brasil non habia traballo. Parou en Madrid, e logo xa veu para aqui. Deixou en Brasil familia e amigos, e nada mas chegar a España, roubaronlle todos os cartos.
A policia non foi quen de atopar ós ladrós ou algo asi.
Como non lle quedara claro onde estaba o refuxio e eu vivo moi preto, acompañeino. Estaba arrefriado, contabame que non se daba afeito ó clima noso e que tiña os beizos feitos merda. Botaba cacao neles. Dinlle uns panos e gardounos coma un tesouro.
Chegamos ó refuxio e estaba pechado, non dabamos visto o timbre. Falamos outro pouco, dicia "never give up" jaja, e tamen "eu son un home, non un saco de patatas"
Sabia traballar a madeira e pintar paredes. Algo haberia para el.
Atopamos o timbre, ali o deixei no medio de "gracias"

O domingo non souben del.

Hoxe estaba sentada nas Esclavas namentres agardaba pola miña nai, que ven en coche e imos xuntas para a casa a xantar.
Albert apareceu por ali. Ía sen o macuto, tiña os ollos vermellos e os beizos feitos merda.
Sentou canda min.
Pregunteille que tal lle fora. Dixo que mal. Non sabia onde ir, cando preguntaba á xente mirabano coma se fose un drogadicto. Dicia "eu non me drogo, non quero facer mal a ninguen".
Tamen dicia "me voy a volver loco"
Estaba moi moi mal. Dixenlle que estivera tranquilo, que mirase nos xornais e que fose á Cruz Vermella a preguntar polos programas de emprego para inmigrantes. Ergueuse de supeto, foi ata a porta da igrexa e voltou. Seguia coa cantinela, engadindo que levaba tres dias sen durmir, que no refuxio houbo un que o quixo pegar, que ten frio. Que o tratan coma se fose un delincuente e que só quere traballar, pero que non lle saben dicir o que facer. Foi a Caritas pero pouco fixeron.
Dixo que teria que falar coa nai para que vendese a casa ou algo e el puidese voltar para Brasil, que isto non era o que el pensaba e que a xente era mala. Estaba canso, queria durmir, levaba a maña dando voltas, tiña frio, sono...
Como eu ata o venres non me podo pasar pola Cruz Vermella comenteillo. Dixo que non sabia se seguiria aqui. Dinlle o meu mobil e apunteille que fose ó Inem (ven de legal) e á Cruz Vermella. Que de todolos xeitos chamaria para preguntar.
Ergueuse de novo cun "me estoy volviendo loco" e marchou chorando un pouquiño.

Pola tarde chamei á CR, dixeron que sí que o podian axudar e que fose mañá. Chameino ó refuxio á hora da cea, as monxas moi amables :) Puxose ó teléfono. Conteille o da Cruz Vermella. Quedou ben ledo, dixo que iria por ali. Que gracias, moitas gracias, gracias gracias...

Eu agora ando algo preocupada porque de velo o sabado a velo hoxe habia unha diferencia enorme. Non teño cartos como para axudalo, e non lle podo dar traballo.
Se aguanta ata o venres vou con el ata o Inem ou a falar cos camioneiros, a ver que se pode facer.
Vale, xa sei que non pinto nada, jaja. Hai programas da Cruz Vermella que se adican a isto, a ir cos emigrantes e axudarlles con estas cousas, asi que o tomo como se fose algo semellante.

Xa sei que pode ser mentira, pero non ten pinta. Os meus pais non queren axudar, asi que tentarei facer algo. Por probar que non quede, hai que esgotar posibilidades. INEM, CR, curas (isto vaime custar), consulado... Que fale el, claro. Pero que saiba que non vai estar só de todo. Creo que é unha situacion dificil a que esta pasando. Hai xente que o pasa peor e todo o tema, pero coido que non por iso imos mirar cara outro lado.
Se alguen ten algunha suxerencia, xa sabe :) Teño ata o venres para pensar un pouco en todo isto.
É que me da moita magoa, cando lembro a cara que traia hoxe...