Onte fun a facer unha visita da Cruz Vermella a aquela señora tan especial da outra vez. Quedei tres horas e pasaronme voando (e iso que so podo quedar 1). Estaba moi deprimida, chorou un pouquiño e me dixo que mil gracias por ir, que perdoase por "molestarme" pero que cando me ía da sua casa sentiase moi ben, coma se tivera estado xogando. Gustame pensar que lle fago algo de ben, contoume tantas cousas malas que non souben que dicir... Que pouquiño apreciamos o que temos.
Dame rabia que a Cruz Vermella non me permita ter contacto con ela fora do que é o programa, por outra parte é loxico, pero eu entendoa tan ben... e é tan dificil atopar a alguen con quen entenderte asi.
Teño ganas de que pase un mes para ir vela de novo ^_^ Prohibinlle estar triste, espero que me faga caso.
Teño unha cancion nova de Kila, Béilín Méala. Que grande descubrimento! E mañá vou de cea cos de Atento, o venres a Alita a mercar cousas frikis.. E o domingo ven o meu mozo! Leva mes e medio fora, mais ou menos (a min pareceronme tres!)
Teño ganas de darlle unha aperta e un bico enormes.
0 valentes:
Publicar un comentario
<< Home