martes, octubre 26, 2004

Canto traballo tiven hoxe! Cando vexo que non podo mais, penso en cando estaba co ADSL e danme ganas de traballar mellor, nesta empresa tratanme tan ben.. Dame magoa non traballar, jaja.
Ó chegar a casa souben que a xente de Radio Fene pulula polo meu weblog, menos mal que só puxen cousas boas deles, jaja, que se non... Así que un saudiño, que non paro de escoitalos. Para quen non o saiba e teña curiosidade, dende Coruña podo escoitala no 107.7 da FM, teñen musica tradicional de todo o mundo e un programa de futbol (o futbol non me gusta, recoñezoo, ese programa nunca o poño :D ) Habera mais que iso, jaja, pero no meu horario é o que escoito.

Onte tiven unha chamada coa que rin moito, unha rapaza estaba a instalar uns drivers e cando rematamos pregunteille que via. Dixome "Unha palmeira". E eu escarallandome co mute posto, sen saber que estaba a dicir. Logo descubrin que de fondo de escritorio en Windows tiña unha palmeira.

Xa teño unha nova trapallada pensada: Quero bailar! Cando era pequeñina ía a clases de baile galego, pero deixei de ir cando fun mais maior e preguiceira. Ainda lembro mais ou menos como bailar unha muiñeira, jeje. Cando teña vacacions se quedo aqui vou buscar alguén que me ensine.