domingo, octubre 17, 2004

Estou griposa :(
A miña nai sempre que se vacina colle a gripe, e este ano contaxiouma. Pero como boa muller garrida que son (jaja), mandei as menciñas ó carallo e xa estou case ben. Curei dun dia para outro.

O venres no traballo dixeronme que me renovaban o contrato por un mes mais. Logo do mes non sei que faran, porque non pode haber mais dunha prorroga, creo. Ou á rua ou me fan de obra (xa non soño con que me fagan indefinida).

Onte vin Candyman, encantame esa peli. Tiña un trauma de cando era pequeniña e deume tanto medo coma enton.