martes, septiembre 28, 2004

Estes dias estou escoita que te escoita nunha cancion, en Radio Fene, é Aqui há gato... quem me tramou? dos Gaiteiros de Lisboa. Teño Bocas do Inferno, pero non Macareu, o disco no que ven esa cancion. Alguén o ten? Por suposto mercarei o disco, pero namentres non mo traen...
Hoxe veu o meu avó, véxoo ledo e con moi boa saúde, pero de supeo noteille a idade. Quero que sexa bisavo!

Ligazon
Nesta ligazon hai informacion dunha manifa en Madrid en contra da SGAE. A ver se chega a bo porto..

Mañá quedo soa ante o telefono, que sexa o que deus queira, se lle estoupa o portatil a alguén xa sabedes que fun eu :)