Que pedazo de cumpreanos! Paseino de medo. É bó saber que ainda que pasaron case dous anos dende que rematamos a FP os meus amigos e mais eu seguimonos levando tan ben coma antes. Non pasa o tempo, levabamos meses sen vernos pero nada cambiara :) Estou leda, miña nai non, jaja, dí que teño que sair mais a miudo con rapazas e non con rapaces.
E os agasallos foron xeniais. Unha caixiña de bombóns, un comic e a estrela da noite: unha camiseta coa cara de Rosalia de Castro estilo Andy Warhol!!!! Tamen unhas chapiñas, nunha pon "Mala porque me da la gana", porque segundo os meus amigos son unha borde :? :? (Borde eu?, jaja) e outra que é para poñer no peto de atras do pantalon que di "Deja de mirarme el culo".
Despois da cea fomos tomar unhas cervexas a un antro deses que coñece un dos meus amigos, e un que é rariño preguntoulle ó camareiro se tiñan Aquarius. Non rimos mais porque caiamos das cadeiras, ata o camareiro se esmendrellaba. Eu tomei Beamish, que ainda que non é Guinness deixase beber, e os meus amigos Foster. E unha Coronita para a moza dun amigo, tamen chamada por min cervexa intragable.
Como a peli esa dos Beatles ¡Que noite a de aquel dia!
0 valentes:
Publicar un comentario
<< Home