martes, octubre 05, 2004

Se souberas como eu teño
o meu corazón por dentro,
non me dabas unha fala,
non tiñas atrevemento.

Vámonos de aqui, que é hora,
vámonos de aqui, que é hora,
que o camiño das estrelas
vai chegando ás casas novas.

Estreliña relumbrante
dame da túa claridade,
que eu quero seguir os pasos
do meu amor que se vaie.

Compañeiriña ale ale.
Compañeiriña ale ale.
Eu por ti poño esta vida
ai na punta dun puñale.

Que linda esta cantiga tradicional. Musícaa Berrogüetto en Hepta, chámase "Cantos de Monzo"